Jesuitas

Proxecto Desenvolvemento Sostible Mozambique AGROESIL

A ESIL é unha escola secundaria situada en Msaladzi, Tete, Mozambique, que, ademais da ensinanza secundaria e pre-universitaria, imparte formación agraria a todo o alumnado, e aos agricultores da zona. O proxecto a realizar na Escola Secundária Inácio de Loyola (ESIL) ten como obxectivo formar aos alumnos, familias e comunidades agrícolas da zona en técnicas de agricultura ecolóxica e atender as necesidades de alimentación dos alumnos en réxime externo e de internado da escola ESIL.

Nun primeiro nivel, formouse en técnicas de agricultura ecolóxica a un profesor da ESIL  no Centro de Formación e Experimentación Agraria de Guísamo da Xunta de Galicia (A Coruña), quen transmitiu o aprendido aos técnicos agrícolas da ESIL e doutros centros educativos da rexión e ás comunidades de agricultores da zona, sempre baixo o asesoramento do profesorado e técnicos da escola de Guísamo. Paralelamente, o profesorado da ESIL e do Colexio Santa María do Mar de A Coruña, elaboraron conxuntamente materias didácticos multidisciplinares sobre agricultura ecolóxica.

O proxecto AGROESIL aposta polo desenvolvemento de capacidades e habilidades para o cultivo agrícola, para involucrar ás comunidades agrícolas locais na valorización do seu territorio, para unha educación en cidadanía global, e, en definitiva, para ser unha boa práctica ampliable e replicable que complemente os programas e accións de outras institucións ata a consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS).

Máis información en https://agroesil.wordpress.com

O proxecto está subencionado polo DP0025 – Programa de axudas a entidades sen fins de lucro para o cofinanciamento de proxectos de actividades no ámbito da axuda ao desenvolvemento durante o ano 2023 -2024.